Actividades de outono (2017)

II Xornada de Xeoloxía


Para completar a Xornada sobre a Historia Xeolóxica do Val de Lemos, Canón do Sil e Cabe, a Asociación O Colado do Vento decidiu organizar outra Xornada esta vez centrada na ribeira do RÍO MIÑO. 

Dia:  29 OUTUBRO (domingo)
Punto de encontro: ENTRADA PARQUE DOS CONDES en Monforte de Lemos.
Hora de Saída: 8:15
Hora de Finalización: aprox. 13:30 - 14:00

Planificación: Ás 9:00 deberemos estar na explanada da ADEGAS AMEDO (Chantada). Seguidamente iremos en coche a BELESAR, para facer un ROTEIRO DE SENDEIRISMO ata PINCELO, de aproximadamente 3,5 km.

Prezo: Socias Gratis / Non socias 10€

PARA ANOTARSE mandar correo a coladodovento@gmail.com ou whatsApp a 659323833

A visita basárase en explicacións sinxelas, para aficionados amateurs, coa visualización dos puntos de interese da  zona.

Visita guiada ao Castro de San Lourenzo, Cereixa


Día: 12 NOVEMBRO (domingo)
Punto de encontro: ENTRADA PARQUE DOS CONDES en Monforte de Lemos ás 10 horas /
Restaurante O Fogón, Pobra do Brollón, ás 10:30.

Andaina e visita ao proxecto arqueolóxico do Castro de San Lourenzo, na parroquia de Cereixa.

Para xantar no Fogón, logo da visita, é preciso anotarse antes do martes 7 de novembro en coladodovento@gmail.com

Sem comentários: