XIº Encontro á Luz da Lúa



Este ano 2017, o Colado do Vento celebraremos o XIº Encontro á Luz da Lúa.

Desta volta, a cita terá lugar en tres localizacións do entorno do lugar de Paradela, parroquia de Santiorxo.

A hora de quedade é as 22h.

A data, o venres, 4 de agosto.

O plan, desfrutar de música, poesía e boa compaña en tres localizacións alumeadas polo luar.

Contaremos coa amenización musical das Tanxugueiras e co poeta Paco Ledo de Chantada, ademais do que cada quen estimedes compartir.


O Colado do Vento participa na Rede Galega de Patrimonio Cultural



O tecido asociativo de Galicia crea a Rede de Patrimonio Cultural

Máis de cincuenta asociacións participan nesta iniciativa para vertebrar a defensa e promoción do noso patrimonio material e inmaterial.

A cultura é a identidade do noso pobo”. Con esta premisa, máis de cincuenta entidades culturais e patrimoniais de toda Galicia abriron o proceso para a creación da Rede polo Patrimonio Cultural Galego, unha entidade cuxo principal obxectivo será velar pola protección, a divulgación e a defensa do patrimonio cultural do país. 33 delas estiveron presentes na xuntanza fundacional da Rede no museo do Pobo Galego este sábado 3 de xuño. Nas vindeiras semanas, as asociacións que refrenden os acordos tomados constituirán xa formalmente esta Rede de Patrimonio Cultural.

A rede servirá coma un instrumento de axuda e unha ferramenta de difusión das actividades de todas as asociacións e entidades que participan dela e tamén para promover accións e campañas en defensa do noso patrimonio cultural en ámbitos institucionais, sociais e territoriais aos que a cada unha destas entidades, por si soas, lles resulta difícil acceder.

54 entidades de gran diversidade territorial e sectorial

54 entidades de todo o país, que reúnen desde grupos culturais de carácter local ou comarcal, grupos de investigación universitarios e asociacións de carácter profesional uníronse no que é a primeira rede vinculada ao patrimonio cultural que se crea en Galicia, un país onde a cultura e o patrimonio constitúe unha importante fonte de riqueza tanto social como económica e un valioso activo cara o futuro. As entidades participantes na rede manterán a súa independencia, aínda que participarán do seu calendario común de actividades.

Unha planificación anual

A Rede polo Patrimonio Cultural Galego realizará campañas –dúas ou tres por ano--, que afecten a aspectos económicos, lexislativos, administrativos, sociais ou educativos relativos ao patrimonio cultural, á súa conservación, protección e promoción. Ademais, as entidades participantes acordaron impulsar mecanismos e compartir recursos para divulgar o patrimonio, especialmente na ensinanza, co obxectivo de que os máis pequenos crezan cos valores do amor a súa historia e a súa cultura.

Por outra banda, consciente de que forma parte dun espazo cultural e histórico concreto, a rede tamén apoiará campañas que non só se subscriban á Galicia territorial, senón tamén campañas que abrangan outros espazos, coma o norte de Portugal ou as zonas fronteirizas de Asturias e de Castela e León. Neste senso, dará apoio a iniciativas como a de Ponte das Ondas.

A Rede polo Patrimonio Cultural Galego conta xa coa web redepatrimonio.gal para difundir as súas actividades e a de todas as entidades participantes e creará unha intranet para as comunicacións internas.

A creación desta nova entidade de defensa do patrimonnio é froito de semanas de contactos entre distintas entidades. Máis de 50 de toda Galicia amosaron o seu interese en participar nela e 33 ratificaron os acordos para impulsala nunha xuntanza que tivo lugar este sábado no Museo do Pobo Galego, en Santiago.

As entidades que participan no proceso de fundación da Rede de Patrimonio Cultural son:

A Gentalha do Pichel
A. C. Arrincadeira
A. C. Cultura do País
ADEGA
Alén Nós
Amigos do Arqueolóxico
Asoc. Cultural Festa da Prehistoria
Asociación ABERTAL del Eo-Navia
Asociación ambiental e cultural Petón do Lobo
Asociación Amigos do Patrimonio de Castro Verde
Asociación Amigos dos Castros
Asociación Betula
Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas!
Asociación Cultural O Bión
Asociación Cultural Pereira Adiante
Asociación cultural Sonora
Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo
Asociación de Veciños O Chedeiro
Asociación galega Cova Crea
Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
Asociación Monte Pindo Parque Natural
Asociación Nordés
Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego
Asociación profesional CRG da Conservación e Restauración de bens culturais de Galicia
Asociación profesional de guías de turismo de Galicia
Asociación Xermolos
Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial
Colectivo A Rula
Colectivo defensa Patrimonio A Forneiriña
Colectivo defensa territorio ANOVATERRA
Colectivo Patrimonio dos Ancares
Comunidade de Montes de Baroña
Etnoga Patrimonio Cultural, SL
Formas Cip Sl
Fundación Alexandre Bóveda
Fundacion Eira
Fundación Galicia Sustentable
Fundación Terra Termarum Castrolandín
Grupo de Investigación "A Laxe da Irena"
Grupo de Investigación Roda
Irmandade Augas Santas
Irmandade Illa de Tambo
Irmandade Santo Estevo
Liga Céltica Galaica
Mariña Patrimonio
Monterrei Cultura e Territorio e Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei
Noutrora
O Colado do Vento
O Sorriso de Daniel
O Suído
Patrimonio dos Ancares
patrimoniogalego.net
Phottic
Plataforma pola recuperación do Sar
Proxecto Socheo
Roxí Roxal
Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte
Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA)
Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins
Sos Arte Rupestre
Umia Vivo
www.historiadegalicia.gal

Ruta polo Courel, 23 de abril de 2017


A Xunta Directiva do Colado do Vento fixou xa a data da ruta polo Courel.

Será o vindeiro 23 de abril, de mañá: un roteiro circular de 11 km aproximadamente, de dificultade media, dunhas 4 h de andaina.

Lugares de interese: Fervenza do Fócaro, Lagoa da Lucenza, Fervenza de Vieiros, Lugar de Vieiros e lugar da Seara (rehabilitado). Xantaríamos na Seara.

IMPRESCINDIBLE ANOTARSE ANTES DO 16 DE ABRIL

teléfonos: 659323833 / 600585884

correo: coladodovento@gmail.com

ps _ A seguinte visita será polo Alto da Meda, Xunqueira de Espadañedo, Castelo de Maceda e museo de Niñodaguia, para o mes de xuño.

Foto: Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra

INFO DETALLADA DA VISITA

ROTEIRO A SEARA- LAGOA LUCENZA- FORMIGUEIROS- A SEARA:

DATA: 23 DE ABRIL
HORA DE SAÍDA: 8:30
LUGAR DE ENCONTRO: FRENTE GASOLIÑEIRA AO LADO DO SUPERMERCADO DÍA EN MONFORTE DE LEMOS
HORA DE INICIO DO ROTEIRO: 9:30 aproximadamente NO LUGAR DE A SEARA
DURACION: 4,5 - 5 HORAS
HORA APROXIMADA DE CHEGADA: 14:30 HORAS
DIFICULTADE: MEDIA- ALTA
DISTANCIA: 11, 5 KM
Comeremos no MESÓN A SEARA. O menú será de 17€
Primeiro prato: ensaladilla ou caldo
segundo prato: tenreira ou lacón
Postre e café
Advertimos de que nos 4 primeiros kilometros ata a subida a Formigueiros a dificultade é alta, xa que ascenderemos de 962 m, no lugar de A Seara, ata os 1600 m do Alto de Formigueiros. Logo, será baixada continua.
Lembrade que mañá luns será o último día para reservar no Mesón.

O COLADO DO VENTO, Xunta Directiva

Actividades de novembro e decembro de 2016 e cea-asemblea 2017



Deixámosvos as previsións, das que iremos informando.

NOVEMBRO

- O 19 e 20 de novembro acompáñanos un club de sendeirismo de Vigo a facer dúas rutas pola ribeira.
Anotacións en: 674473695 (whatsapp) ou coladodovento@gmail.com

- 30 de novembro (mércores) ás 19 h na Biblioteca municipal de Sober teremos unha charla sobre os cruceiros de Sober, impartida por Fernando Arribas Arias.

DECEMBRO

- O sábado 17 de decembro teremos a nosa asemblea anual, para renovación de directiva, balance de 2016 e planificación de 2017.
Será ás 20 h en Sober, na Casa da Cultura.
Logo, cea de Nadal (lugar por decidir) ás 22 horas.
Anotacións en: 674473695 (whatsapp) ou coladodovento@gmail.com


http://coladodovento.gal/

Fotos e vídeos: luz da lúa 2016

Iniciamos a noite cuns pinchos.
Comezou o Grupo de Gaitas "Os Castros".
Conforme avanzaba a noite, chegaron a participar unhas 200 persoas dos actos.
Agrupación de Gaitas "Os Castros", de Ferreira de Pantón.

 Yoan Grudikov e Tonka.

Sara Méndez Arias.
Suso Verao e María Trigo.
 Antón Valcárcel.

 Óscar Alonso, "Veliños".
Mar López Sotelo leu a Germán L. Quiroga.

 "Os Xílgaros"
 Xosé Lois García, leu un poema escrito para a ocasión.






Xº Encontro á Luz da Lúa en Cadeiras


O vindeiro sábado, 23 de xullo, pola noite, a Asociación Cultural O Colado do
Vento celebraremos o Xº Encontro á Luz da Lúa.

Será no entorno de Cadeiras, parroquia de Pinol, no campo da festa, a carón do
santuario.

Coma sempre, será unha velada na que teremos actuacións musicais e na que
convidamos ás persoas asistentes a participar (recitando, contando, cantando...
cada persoa o que desexe expresar).

Ademais do que cada quen aporte á velada, teremos as seguintes actuacións:

- GRUPO DE GAITAS “O CASTRO”

- SARA MÉNDEZ, SAXOFÓN


- CONTACONTOS MUSICADOS, TERESA GRAU


- ANTÓN VALCÁRCEL


- YOAN GRUDIKOV


Teremos uns pinchos previos (dende as 21 horas) para dar comezo á velada en
torno ás 22:15 horas.

Animamos a vir e a participar activamente, ou, simplemente, a escoitar e
desfrutar da noite.


Actividades de xullo de 2016



2 de xullo, sábado ás 19:30 h dende o bar da Festa dos Muíños.
No marco da Festa dos Muíños, faremos ruta de contos polos muíños do
Xabrega. Sendeirismo sinxelo acompañado de sesión de contacontos musicados
polos muíños do regato Xabrega. Non é preciso anotarse.

3 de xullo, domingo - Viaxe á illa de Ons.
Viaxe en bus ata porto de saída, viaxe en
barco a Ons.
En Ons, opción de rutas de sendeirismo e/ou praia.
Xantar en Ons.

9 de xullo, sábado - Ruta de sendeirismo en torno ao Cabo Home.
Cangas do Morrazo.
Ruta de aprox. 13 km de dificultade baixa.
Xantar e tempo para estar na praia. Hai que anotarse antes do 5 de xullo.

17 de xullo, domingo
Visita pola zona de Parada de Sil e Xunqueira de Espadañedo (neveiros, románico, etnografía…), especial para persoas socias.
Info: coladodovento@gmail.com
Atención: anotarse antes do 12 de xullo.

23 de xullo, sábado
Xº ANIVERSARIO DA XORNADA Á LUZ DA LÚA
Dende as 21 horas.
Entorno de Cadeiras, Pinol.
Non é preciso anotarse.

 * Queda pendente para máis adiante o concerto solidario previsto.
O COLADO DO VENTO
coladodovento@gmail.com
674473695

Visita entre o Sil, Navea e Bibei

O domingo, 24 de abril, imos facer unha saída para coñecer diversos elementos das terras do Bibei-Trives.

Achegarémonos un momento ata a igrexa de Torbeo, (concello de Ribas de Sil) para observar por fóra a súa factura románica.

A seguir, no concello de Castro Caldelas, iremos ás Mámoas do Serro, ao miradoiro da Pena do Xastre e ás mámoas de Val de Corvos, cara a zona de Mazaira.

mámoas

Xa en San Xoán de Río, iremos ata a Pena de Mouruás, á área das Guístolas, con miliarios da Vía XVIII e á Ponte Navea.


mouruás2 


miliarios

En Trives visitaremos a Pena Folenche e a Ponte do Bibei.








ponte bibei

* Saída: 10 h das Casiñas da Compañía (diante do aparcadoiro do Parque dos Condes).

* Transporte: distribuirémonos en coches particulares.

* Xantar: por conta de cada quen en Trives.

* É preciso anotarse antes do xoves ás 22 h en coladodovento@gmail.com ou 674473695