ROTEIRO: RIBEIRA DO AMANDI 31-MAIO-09

Partimos de Souto Chao, con vistas á Pena do Castelo, por pistas entre as viñas, deixando atrás o castro das Borreas ata chegar á Tenencia, en Amandi. Ca Castrela á esquerda, fomos baixando ata o miradoiro dos Chelos, para coller logo outra pista que nos levou ata o Souto de Chanteiro, localización dunha vila romana, onde se atopan vestixios castrexos e romanos a esgalla, a carón da mítica Ibia dos homes grandes e fortes que subiron polo río e fundaron o pobo. A calor fixo que nos viñese buscar o bus a este lugar (só uns cantos intrépidos seguiron a pé ata Cadeiras), parando, de paso, no entorno de Sampil para ver os petroglifos do Barcal, perto do Castriño. Achegámonos logo a Cadeiras para o xantar, gardados polo castro das Medorras, a Pena da Virxe e o santuario inconcluso do s. XVIII.

Foron 5 km, catro parroquias, cinco castros e moita calor nunha xornada entre amig@s que deu comezo ás actividades de O COLADO DO VENTO deste verán.

Un saúdo a tod@s @s participantes, ós que non puideron vir e a todas as persoas que colaboraron connosco nesta actividade.

* Por certo, o gañador do sorteo dunha peza de cerámica de Gundivós é Germán López Quiroga. Parabéns.

Sem comentários: