DESCARGA AO VIVO

ESPECTÁCULO SOBRE REPERTORIO HISTÓRICO DE
COMPOSITORES GALEGOS EN CUBA

A Descarga ao Vivo chega a Europa
A xira do combo cubano-galego actuará en Coruña, Santiago e Vigo a finais de xullo. Músicos de recoñecido prestixio forman parte deste grupo xuntado para este espectáculo que xa actuou no Teatro Mella de Cuba en febreiro do 2008 durante a Feira do Libro de La Habana.
Descarga ao vivo é un espectáculo musical que xunta artistas de Galiza e Cuba redescubrindo a enorme riqueza que atesoura este patrimonio musical compartido. Deseñado e producido por aCentral Folque - Centro Galego de Música Popular, é unha proposta escénica de música instrumental, canción e danza con artistas profesionais galegos e cubanos. Un percorrido por composicións históricas de autores emigrados á illa dende finais do século XIX e novas creacións dos propios músicos da ensemble.
A Descarga ao Vivo foi presentada nun concerto en Febreiro dentro da ‘Feria Internacional del Libro de La Habana 2008’. Os seus protagonistas reuniranse de novo onde farán unha serie de actuacións polas cidades galegas e gravarán un disco ao vivo. O profesor de aCentral Folque, Ramón Pinheiro, desprazouse no 2007 durante un período de catro meses a Cuba. Alí realizou un traballo de investigación sobre os vínculos musicais compartidos, moi notábeis tendo en conta que os galegos foron o principal pobo inmigrante na historia contemporánea cubana. Froito desa investigación é o libro “A la Habana quiero ir. Los gallegos en la música de Cuba” recentemente publicado.

Podes escoitar cancións, ver extractos do concero e atopar entradas AQUÍ.
Intérpretes musicais
Alejandro Vargas - Piano e teclados
Raciel Jiménez - Batería
Ernesto Vega - Saxo e Clarinete
Adonis Rios - Percusións
José M. Díaz - Contrabaixo e baixo eléctrico
Pedro Pascual - Acordeón diatónico e bouzouki
Marcos Teira - Guitarra flamenca
Edelmiro Fdez - Gaita
Óscar Fdez - Sanfona
Quim Farinha - Violino
Gutier Álvarez - Violino
Xabier Díaz - Voz e percusión
Ugia Pedreira - Voz
Guadi Galego - Voz


Repertorio
Alborada galega - Pascual Veiga
Cuba-Galicia - Guillermo M. Tomás
Un adiós á Mariquiña - José Castro Chané
Empanada de pollos - Rep. Quinteto Monterrey-Edelmiro Fdez
O Indiano - Ricardo Fortes Albarellos
Del Ferrol a La Habana - Juan Parga
Hermoso cielo cubano/Caldeliñas - Antonio Rdez Álvz -Repert.Quinteto Monterrey
[Antonio Rodríguez é "o Rei", director da Banda de Música e Alcalde de Sober elixido en febreiro de 1936 que, tras o golpe militar de xullo, se exiliou a Cuba, onde foi recoñecido o seu labor como compositor, sendo as súas pezas das máis interpretadas e radiadas do país. Teremos este xullo, gracias á labor de aCentral folque, dos intérpretes do concerto e, en especial, de Ramom Pinheiro, o privilexio de escoitar por primeira vez en Galicia obras súas].
2ª Guajira - Manuel Quiroga Losada
Danzón - José F. Vide
Miña Ruliña. Habaneira - Popular Galicia
Rumbas - Popular - Cuba/Galiza

Sem comentários: